O OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO e o CONSELLO DA CULTURA GALEGA botaron a andar en novembro de 2021 un proxecto que persegue ofrecer dun xeito sinxelo posibilidades para poñer en práctica xogos tradicionais en calquera momento. Trátase dunha páxina web e dunha aplicación para teléfonos móbiles pensadas para as familias, para os/as educadores/as e para calquera persoa que queira xogar.
Pode accederse á páxina web clicando en calquera das dúas imaxes da esquerda ou aquí. Desde ela, é posible descargar a aplicación. |