GUÍA DE RECURSOS SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO
  • Portada
    • Quen somos
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
  • Documentación
    • Servizo de préstamo bibliográfico e documental
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
    • Recursos musicais
    • Publicacións periódicas
    • Vídeos
  • Colectivos
  • Empresas
  • Centros de ensino
  • Xoguetes
  • outros recursos
    • Museos
    • Outros/as investigadores/as
    • Outros sitios web
    • Os xogos
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
    • Xogos e outros recursos para a corentena

RECURSOS MUSICAIS RELACIONADOS CO PATRIMONIO LÚDICO

Imagen
A BANDA DOS CUEIROS
A Banda dos Cueiros
Asociación Espazo Lectura (Gondomar), 2017
A Banda dos Cueiros é unha banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura de Gondomar. Música para nenos e nenas de 0 ata os 7 anos, aproximadamente, nun libro con moitas pezas da tradición que está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e pretende ser unha ferramenta lúdica e didáctica que contribúa ao desenvolvemento dos máis pequenos, das máis pequenas.

Imagen
A GRAMOLA GOMINOLA
A Gramola Gominola  
​
Galaxia, 2016
Libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea, con diferentes estilos. Contén o tema "Campión internacional", centrado na billarda.

Imagen
ARROLOS DE SALITRE
Xabier Díaz, Guillerme Fernández 
Kalandraka, 2017
Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia. O disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz e unha selección de coplas de tradición oral.

Imagen
ARROLOS E RODAS: TEXTOS POPULARES
Begoña Varela Vázquez, Noemí López
Everest, 2008
A entoación e o ritmo silábico destas composicións tranquilizan e acariñan os máis pequenos no seu camiño ao descanso. Coas cancións de roda iniciámonos na literatura a través do xogo, un xogo compartido que nos axuda a relacionarnos cos nosos iguais.  

Imagen
EU BEN VIN, VIRIVÍN
Manuel Rico Verea
Xerais, 2018
Con ilustracións de David Rodríguez, este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais. O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional. 

Imagen
       FÍOS DO QUERER 
       Cé orquestra pantasma 
​       Miudiño, 2016
       Fíos do querer ofrécenos 24 sinxelas e fermosas cancións para xogar, cantar e bailar cos nenos/as no colo. 

Imagen
     LUÍS VALLECILLO
     Música para nenos e nenas
     Artista que dirixe o seu traballo ao público infantil con todo tipo de producións. Algúns dos seus temas musicais  
​     fan referencia explícita ao patrimonio lúdico galego.

Imagen
NON HAI BERCE COMA O COLO
Paulo Nogueira, Magoia Bodega, Mariona Cabassa 
Kalandraka, 2014
Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. “Estes cantos de berce, noutrora abondosos e hoxe case inexistentes, transmitían as palabras primeiras. Palabras que completaban o universo sonoro co amor vertido sobre a criatura…” (Mini no Limiar).

Imagen
PAN DE MILLO
​Migallas Teatro
Kalandraka, 2014
​Libro-disco dirixido a público familiar que reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que Migallas interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.

Imagen
PARA CANTAR E BAILAR
Luís Prego Fernández
Edicións do Cumio, 2008
Guía con vinte e tres xogos e danzas tradicionais procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. Para desenvolver colectivamente, con explicacións sinxelas das coreografías, ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras, e un CD coas cancións e unha pista de vídeo para reforzar a comprensión.

Imagen
PELOGATO 24​
​
Asociación de Gaiteiros Galegos
​​Pai Música, 2007
O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nenos, interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga 'Vai de Baile'. O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun 'como se fixo' e os videoclips e playbacks das cantigas.​

Imagen
O QUIQUIRIQUÍ
Asociación de Gaiteiros Galegos
(Libro, CD e DVD)
​Pai Música, 2006
Na primeira parte do libro atópase a información de cada unha das cantigas incluidas no CD. Na segunda parte aparecen textos explicativos cunha ampla información sobre as tradicións do Nadal en Galiza. Os textos foron elaborados por Carlos Rey, Xosé Luis Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero).

Imagen
TRACA-TRACO. 24 CANTIGAS DE NANAR, UN ALOUMIÑO E UN ARROLO
Alfonso Otero Regal, Paco Rivas
Ed. do Cumio, 2015
— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo
— Pista de datos: Karaokes
Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI
Outras versións con karaoke
Aplicación lectora de partituras
Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades

Imagen
TRECE LÚAS
​
Asociación de Gaiteiros Galegos
​Pai Música, 2009
As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días... 

Imagen
XOGOS MUSICAIS​
Luís Prego Fernández, Marta Iglesias
Ed. do Cumio, 2013
Este traballo pretende afondar nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística. As músicas son doadas de asimilar e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas...
Contén un CD con 38 cancións. ​

INFÓRMANOS DESE RECURSO QUE DEBERÍA FIGURAR AQUÍ  
​(lembra que se trata de recursos musicais centrados
​na tradición lúdica)
CONTACTO
Imagen
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Portada
    • Quen somos
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
  • Documentación
    • Servizo de préstamo bibliográfico e documental
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
    • Recursos musicais
    • Publicacións periódicas
    • Vídeos
  • Colectivos
  • Empresas
  • Centros de ensino
  • Xoguetes
  • outros recursos
    • Museos
    • Outros/as investigadores/as
    • Outros sitios web
    • Os xogos
    • Aplicación para móbiles. Descrición dos xogos
    • Xogos e outros recursos para a corentena